de medo¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
martes, 1 de diciembre de 2009
lunes, 30 de noviembre de 2009
viernes, 27 de noviembre de 2009
jueves, 19 de noviembre de 2009
miércoles, 7 de octubre de 2009
QUEIMADA
Brebaxe por autonomasia. Facedora de ritos ancestrais e precursora das máis arrepiantes lendas. Excelente souvenir das profundas raices galegas.
Ó degustar a queimada empapámonos do orballo das frescas noites estivais, ulimo-los cheiros da fraga, escoitamos o aturuxo das ondas bater, facémonos cun anaco da terra meiga.

Para a sua preparación contaremos cuns sinxelos ingredientes:
Prendemos a mezcla e botamos o limón cortado en 3 pedazos. Se resiste a prender quentaremos o contido, coa axuda dun camping-gas, unhas brasas dispostas na lareira ou usando o inxenio.
Eu nunha ocasión non contando con nada do anterior axudeime dun chisco de alcohol de queimar, pouco ortodoxo pero efectivo.
Remexemos para matarlle un poco a forza, cuns movementos circulares no fondo do balde e intercalando subidas do cucharón para ir deixando caer a lingua de lume pouco a pouco. Este é o típico movemento do bruxo da queimada. Con este ritual non só se lle da o toque estético a reunión(sendo apaixoante nunha escuridade tan só rota pola caida en cascada do lume) senón que a efectos prácticos ``escanciamos´´ o contido. Osixenamos e mezclamos aromas e sabores da caña que se está a queimar.
Este é un momento perigoso. Temos risco de verter por fora a mezcla incendiaria, que actua como un cóctel molotov, non é coña, moita precaución durante a manipulación.
Cando o lume leve un anaco traballando e o momento de facer caramelo.
Botamos azucre no cucharón e ímolo acercando ó lume para que derreta. A medida que derreta deixámolo caer. Engadímos un pouco de líquido ardendo no cucharón e imos facendo pouco a pouco, de vagar. Cun par de cucharóns de azucre é suficiente.
Durante estes procesos non nos esquenceremos de intercalar escanciadas.
Engadido todo o caramelo é o momento de botalas froitas. Cortadas en pedaciños. Pera, plátano, mazá,...
Remexemos e remexemos, a remexedoira é basica e fundamental.
Cando a queimada esteña cerca de apagarse botámolo derradeiro ingrediente; os graos de café.
É o momento de probala. ¿cómo? moi sinxelo;
Recóllese un cucharón, subímolo e apartámolo das lapas, métese un dedo e sacámolo envolto de lume e pá boca. Sen vacilar, ten que ser un movemento lixeiro para non nos chamuscar. Catamos o sabor, a cantidade de azucre, a suavidade de alcohol, e valoramos como vai, para gustos colores.
Queimámola máis, enagadimos azucre, deixámola morrer,...
A esencia da queimada é precisamente a sua elaboración, non só que quede boa e no punto senón disfrutar da sua elaboración.
Agora para os maís meigizos deixo eiquí o conxuro, outro ingredinte para envolvela elaboración da xusta maxia.

MOUCHOS, CORUXAS, SAPOS E BRUXAS. DEMOS,
TRASGOS E DIAÑOS, ESPRITOS DAS NEVOADAS VEIGAS.
CORVOS, PÍNTIGAS E MEIGAS, FEITIZOS DAS MANCIÑEIRAS.
PODRES CAÑOTAS FURADAS, FOGAR DOS VERMES E ALIMAÑAS.
LUME DAS SANTAS COMPAÑAS, MAL DE OLLO,
NEGROS MEIGALLOS, CHEIRO DOS MORTOS, TRONOS E RAIOS.
OUBEO DO CAN, PREGÓN DA MORTE; FUCIÑO DO SÁTIRO
E PE DO COELLO. PECADORA LINGUA DA MALA MULLER
CASADA CUN HOME VELLO.
AVERNO DE SATÁN E BELCEBÚ, LUME DOS CADAVRES ARDENTES,
CORPOS MUTILADOS DOS INDECENTES, PEIDOS DOS INFERNAIS CÚS,
MUXIDO DA MAR EMBRAVESCIDA.
BARRIGA INÚTIL DA MULLER SOLTEIRA, FALAR DOS GATOS
QUE ANDAN Á XANEIRA, GUEDELLA PORCA DA CABRA MAL PARIDA.
CON ESTE FOL LEVANTAREI AS CHAMAS DESTE LUME
QUE ASEMELLA AO DO INFERNO, E FUXIRÁN AS BRUXAS
ACABALO DAS SUAS ESCOBAS, ÍNDOSE BAÑAR NA PRAIA
DAS AREAS GORDAS. ¡OIDE, OIDE! OS RUXIDOS QUE
DAN AS QUE NON PODEN DEIXAR DE QUEIMARSE NO AGOARDENTE
QUEDANDO ASÍ PURIFICADAS. E CANDO ESTE BREBAXE
BAIXE POLAS NOSAS GORXAS, QUEDAREMOS LIBRES
DOS MALES DA NOSA IALMA E DE TODO EMBRUXAMENTO.
FORZAS DO AR, TERRA, MAR E LUME, A VÓS FAGO ESTA CHAMADA:
SI É VERDADE QUE TENDES MÁIS PODER
QUE A HUMANA XENTE, EIQUÍ E AGORA, FACEDE COS
ESPRITOS DOS AMIGOS QUE ESTÁN FORA, PARTICIPEN
CON NOS DESTA QUEIMADA.

- 3 litros de caña (branca).
- 1/4 kg de azucre.
- 1 limón.
- un puñado de graos de café.
- un recipiente, a poder ser de barro. podendo ser doutro material, ó que non lle teñamos uso determinado pois quedará marcado.
- un cucharón cun mango o suficientemente largo para non queimarnos.
- un par de pezas de froita variada.

jueves, 13 de agosto de 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)